jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Delegado Territorial visita máis de 2,000 m² de rúas renovadas en...

O Delegado Territorial visita máis de 2,000 m² de rúas renovadas en Oia grazas ao Plan de Infraestruturas Rurais da Xunta

- Reguera destacou o extraordinario aproveitamento dos recursos e o bo resultado dos traballos realizados e prometeu seguir colaborando para a mellora das zonas rurais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Oia. En concreto, o delegado territorial percorreu varios camiños no núcleo de Acevedo e Torroña que foron mellorados grazas ás subvencións recibidas no marco do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) do 2022.

Acompañados pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e por un dos seus concelleiros, o delegado territorial e o Xefe Territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, comprobaron o bo resultado das obras que converteron un camiño de difícil tránsito e con bastantes danos nunha zona moito máis segura e confortable para a veciñanza.

Neste sentido, Reguera destacou o bo aproveitamento que se fixo dos recursos, optimizando un orzamento de arredor de 47.000 euros. “Dende a Xunta seguiremos poñendo toda da nosa parte para humanizar as zonas que, pese a estar un pouco máis lonxe do centro dos concellos, merecen os mesmos coidados e atencións”, asegurou o delegado.

Cabe destacar que as obras leváronse a cabo en tres zonas principais. No camiño dos Muños, en Torroña, fíxose un traballo de reforzo do firme mediante asfaltado con cinco centímetros de aglomerado en quente nunha superficie de máis de 500 metros cadrados. Pola súa banda, tamén en Torroña, o Camiño do Convento recibiu un reforzo do firme mediante asfaltado con aglomerado en quente nunha superficie de máis de 700 metros cadrados. Por último, na rúa Acevedo Darriba (Acevedo) realizouse un reforzo no firme existente cunha capa de dez centímetros de formigón desactivado. Unha actuación que abrangueu un total de 1.120 metros cadrados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES