lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Nigrán estrea este verán unha rúa Mestra Emérita de...

O Concello de Nigrán estrea este verán unha rúa Mestra Emérita de Priegue totalmente humanizada

- A obra permitíu habilitar unha beiravía transitable para peóns, antes inexistente, mellorando radicalmente a seguridade viaria para veciñanza e os peregrinos do Camiño portugués pola costa

O Concello de Nigrán estreou este verán a humanización da rúa Mestra Emérita de Priegue cun investimento de 309.127 € asumidos 100% con fondos propios. A estrada, de aproximadamente 850 metros de lonxitude que conectan Nigrán con Vigo e que forma parte do Camiño portugués pola costa, atopábase en pésimo estado de conservación e carecía dun espazo seguro para os peóns, motivo polo que a veciñanza demandaba especialmente esta reforma. Así, o cambio fundamental consistíu nunha renovación do asfaltado e na creación dunha beiravía transitable pola que xa poden camilar de xeito tranquilo veciños e peregrinos.

“Era unha vella demanda da parroquia que ao fin cumplimos tras moitos meses máis dos previstos de tramitación de permisos sectoriais ao estar afectado por elementos patrimoniais como o Camiño de Santiago ”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que a estrada “gañou moitísimo en seguridade viaria e confort para os usuarios” xa que presentaba fisuras, socavóns e desgaste de toda a capa de rodadura tras décadas sen tocarse.

Deste xeito, renovouse o asfaltado cunha mezcla bituminosa, sinalizouse toda a rúa novamente e os diferentes pasos de peóns fixéronse sobreelevados. Ademais, mudouse a rede de drenaxe e dotouse de saneamento á unica zona que todavía faltaba (contorna do número 20). O maior cambio foi, sen embargo, a construción dunha beiravía transitable para peóns na marxe dereita (sentido Vigo). Esta está diferenciada mediante superficie de formigón desactivado e cunha banda de separadores de goma. “Os peóns circulaban polas marxes sen ningún tipo de separación ou diferenciación e con zonas que nin estaban asfaltadas”, explica González.

Na mesma parroquia o Concello incluíu no plan de asfaltados de 2023 as rúas Pedrosas, Comesaña, Cea, PO-235 e Abetos e proximamente serán outras rúas da parroquia como Mámoa ou Don Marcial. Adicionalmente, na rúa Mestra Emérita o Concello restaurou a finais do ano pasado o lavadoiro a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES