martes, octubre 3, 2023
Google search engine
InicioNewsComarcasFinalizadas as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na...

Finalizadas as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas

- Actuouse nun treito de 1,6 quilómetros, entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, mellorando as interseccións para facilitar movementos con maior visibilidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000€.

As actuacións de mellora de seguridade desenvolvéronse nun tramo de 1,6 quilómetros de lonxitude, desde o punto quilométrico 8+600, despois do enlace coa autovía das Rías Baixas, a A-52, e o final da travesía de Angoares, no punto quilométrico 10+200.

Os traballos consistiron na reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

Tamén se dispuxeron puntos específicos para realizar os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade.

Ademais a intervención contemplou a incorporación dunha nova glorieta no punto quilométrico 9+900 da vía, atendendo así á solicitude dos veciños.

Esta rotonda permite a realización de certos xiros por parte dos usuarios con maior facilidade e ademais serve como medida para o calmado do tráfico nunha travesía moi transitada.

Este proxecto enmárcase na Estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica que vén desenvolvendo a Xunta nos últimos anos.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES