miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsA RaiaSalvaterra avanza na ampliación da ponte internacional

Salvaterra avanza na ampliación da ponte internacional

- Trátase dun proxecto ambicioso no que se leva anos traballando de maneira conxunta entre España e Portugal

O Boletín Oficial do Estado con data do 17 de agosto de 2023 ven de publicar a
resolución que permitirá a Xunta de Galicia e Goberno Portugués iniciar os trámites para
a elaboración do proxecto de evaluación técnica e de custos da amplicación do actual
taboleiro da Ponte Internacional Suso Vaamonde. O proxecto, enmarcado dentro do Plan
de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible e o Plan de Movilidade Urbana Sostible do
Concello de Salvaterra de Miño, posibilitará a instalación dun carril bici e peonil na ponte
que une Salvaterra de Miño con Monção.


Dita resolución chega despois de anos traballo conxunto cun protocolo asinado o 28 de
outubro de 2021 na cumbre España-Portugal e de acordo co asinado o 15 de marzo de
2023 na cumbre España-Portugal de Lanzarote. Agora España da luz verde para que se
poida iniciar a elaboración dun proxecto ambicioso que mellorará a accesibilidade
sustentable e a seguridade entre a Eurocidade Salvaterra- Monção.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES