sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda procede a Licitación da xestión do Servizo de Axuda do...

A Guarda procede a Licitación da xestión do Servizo de Axuda do Fogar

O Concello da Guarda procede á licitación do Contrato da xestión do servizo de axuda no
fogar (SAF) na modalidade de dependencia e libre concorrencia por procedemento aberto
por 2.138.451,28 €.


O novo equipo de goberno nunha aposta decidida por impulsar os Servizos Sociais do
concello acaba de licitar o contrato do Servicio de Axuda no Fogar para os próximos catro
anos por un importe de 2.138.451,28 €


O obxecto desta contratación é a prestación do servizo de axuda a domicilio, sendo a
finalidade a atención a persoas ou unidades de convivencia, no seu propio domicilio, desde
unha perspectiva integral e normalizadora, que facilite a permanencia das persoas usuarias
na súa contorna habitual.


As ofertas poderán presentarse ata o día 12 de setembro de 2023.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES