lunes, mayo 27, 2024
InicioNewsO Curro do Pedroso volveu a Cañiza despois de 12 anos

O Curro do Pedroso volveu a Cañiza despois de 12 anos

- Este domingo 6 de agosto, a Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil recuperou a celebración do Curro, nunha xornada soleada e exitosa, que contou co apoio do Concello, dos cañicenses e o do público asistente

Unha festa chea de enxebrismo onde se reeditou esta tradición cabalar que naceu no 1º domingo do mes de agosto do ano 1994 e que estivo cargada de emotividade e respeto ás tradicións populares galegas, sobre todo no momento en que os organizadores lle renderon unha merecida homenaxe a Don Castor Pablo Rodríguez Pérez, fundador do Curro.

Dende o Concello, o Alcalde felicitou “a todos os homes e mulleres que integran a Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil, organizadores do Curro nesta nova edición e ao resto dos colaboradores que fixeron posible que a xornada de onte se desenvolvera nun auténtico clima de festa e confraternidade”.

“Unha xuntanza na que se volveu a recuperar non só unha tradición popular, senón tamén a capacidade de congregar en torno a este evento a distintas xeracións. Xuntos para disfrutar do noso e compartilo cos demáis”. Afirmou o Alcalde, facendo referencia ao “verdadeiro espíritu deste curro que ademáis o converte en senlleiro, con aceno de identidade propio” .

O Alcalde volveu a manifestar o “apoio incondicional e compromiso de colaboración do Concello da Cañiza con este Curro, en futuras edicións,  así como con todas aquelas iniciativas que se sumen aos activos turísticos da Cañiza, e que redunden en beneficio do noso Municipio”.

Unha xornada vibrante e emocionante

Como xa adiantaran os organizadores do evento na presentación do Curro o pasado 27 de xullo, a xornada de onte celebrouse nun ambiente de festa, campestre, enxebre, vibrante e emocionante que comezou ás 7 da mañá coa subida ao Curro á busca dos rabaños.

Durante toda a xornada se puido comer, beber, facerse con lembranzas e posar en photocall e sobre todo disfrutar do espectáculo que ofreceron os cabalos: nas montañas e no propio recinto.

Como todo curro que se preze, durante a xornada se sanearon os animais, colocaron os microchips e se desenvolveron “compras e vendas”  entre os gandeiros. Todo isto nun ambiente amenizado con música tradicional e boa gastronomía da que deron boa conta os centos de veciños e visitantes.

O Curro non defraudou e despois de 12 anos, como tamén se dixo na presentación do evento “entre todos conseguimos que se convertera nun inesquecible día de romaría e festa e un espectáculo de colorido e bravura propio da nosa rexión”.

Homenaxe ao seu fundador DON CASTOR PABLO RODRÍGUEZ PÉREZ

Ademáis este nova reedición estivo e segue estando cargada de simbolismo, nostalxia e agradecemento.

Un dos momentos máis emocionantes da festa celebrada onte, tivo lugar en torno ás 14h, na homenaxe que os organizadores lle fixeron ao fundador deste Curro do Pedroso. Don Castor Pablo Rodríguez Pérez, un  benquerido veciño da parroquia de Oroso. Un momento que estivo cargado de lembranzas e agradecementos e do compromiso das xeracións máis novas de perpetuar esta tradición en futuras edicións.

Grazas a todas e a todos por contribuir a difundir os valores endóxenos e etnográficos da nosa Terra e da nosa cultura.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES