sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO Pleno municipal de Ponteareas reproba a Mingos Freitas polo agravio da...

O Pleno municipal de Ponteareas reproba a Mingos Freitas polo agravio da investidura

Na súa primeira sesión ordinaria, o Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas
reprobou, por iniciativa do BNG e co apoio de todos os grupos agás o de goberno, ao
concelleiro independente Mingos Freitas polo improperio lanzado a unha persoa do
público no Pleno de investidura, así como á alcaldesa Nava Castro por «consentilo». Así
mesmo, o Pleno acordou que se o concelleiro continúa sen presentar a súa dimisión, a
alcaldesa o cesamento das súas funcións polos graves feitos protagonizados.

O Bloque considera que “ante a súa minoría, a Castro importoulle máis a suma deste concelleiro para ter unha persoa máis no goberno que a ética e a decencia, e demostrou non estar á altura da súa responsabilidade, xa que por dignidade democrática debería actuar fronte a estes graves feitos e non ser cómplice upando a este concelleiro a formar parte do goberno municipal”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES