lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsEmpresaO Pleno municipal de Salvaterra aproba a solicitude de declaración de especial...

O Pleno municipal de Salvaterra aproba a solicitude de declaración de especial interese e utilidade municipal por fomento de emprego, solicitada pola conserveira Frinsa

- A conserveira comezará as obras para instalarse na PLISAN antes de finalizar o ano

O pasado luns aprobábase en Pleno a solicitude de declaración de especial interese e
utilidade municipal por fomento de emprego, solicitada pola empresa Frinsa, que
comezará as obras para instalarse na PLISAN antes de finalizar o ano.


Esta declaración ven vencellada ao Plan de Creación de Emprego que presenta a
empresa, e no cal comprométense a creación de 22 empregos para desenrolar a
actividade de almacén e zona de expedición.


«Este grupo de goberno ten un compromiso firme por fixar o tecido empresarial do noso
municipio, é por ese motivo que Salvaterra de Miño é Concello Emprendedor. Unha
aposta polas rebaixas fiscais no ICIO, IAE e IBI para aquelas empresas que queiran investir
no Concello e creen emprego», sinalan dende o Concello de Salvaterra.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES