jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra aproba renomear o Campo Municipal de Dextros por “Antonio Bernárdez Gándara-Dextros”...

Salvaterra aproba renomear o Campo Municipal de Dextros por “Antonio Bernárdez Gándara-Dextros” en homenaxe o presidente da S.D. Salvaterra

- Na sesión plenaria celebrada o día 31 de xullo de 2023 en Salvaterra de Miño aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos a modificación do nome do Campo Municipal de Dextros, polo de “Antonio Bernárdez Gándara-Dextros” en homenaxe o eterno presidente da S.D. Salvaterra e das Escolas Deportivas

Este merecido recoñecemento a título póstumo xa se iniciara antes do seu falecemento
e Antonio era consciente. Un xeito de recoñecer o traballo inesgotable e a súa adicación
e implicación durante toda a súa vida co deporte e os deportistas de Salvaterra.


Moitos veciños de Salvaterra de Miño foron xogadores da S.D. Salvaterra e todos
coinciden en que nalgún momento da súa infancia a figura do presidente Antonio
Bernárdez foi fundamental para o desenvolvemento da actividade deportiva,
concretamente do fútbol local.


A maiores de presidir o equipo, en varias etapas da súa vida, sempre estivo ligado e
traballou con distintas tarefas para o clube, pero todas elas cun denominador común: o
ben da S.D. Salvaterra.


É por iso que a proposta da alcaldía tivo a aceptación de tódolos grupos políticos quenes
en maior ou menor medida tiñan relación con este home tan entrañable como
importante para o deporte local.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES