lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO goberno de Salceda segue sen conseguir aprobar as súas retribucións

O goberno de Salceda segue sen conseguir aprobar as súas retribucións

- Onte venres celebrouse a primeira Xunta de Portavoces desta lexislatura coa asistencia das portavocías de Movemento Salceda, PSOE e BNG, ademais da Alcaldesa Loli Castiñeira

Logo do rexeitamento da oposición no Pleno do día 13 de xullo, a alcaldesa e o seu
equipo de goberno seguen a realizar as súas funcións sen percibir ningún tipo de retribución dende o 17 de xuño, día en que tomaron posesión do cargo. Nesta Xuntanza de Portavoces, a Alcaldesa presentou unha nova proposta de retribucións renunciando ao incremento do IPC proposto para as adicacións absolutas, proposta que tampouco foi aceptada por PSOE e BNG.


Con esta nova proposta pasaríase do aforro do 20% proposto inicialmente a un aforro do 23% con respecto á lexislatura anterior.


O equipo de goberno confía en chegar a un acordo que garanta a gobernabilidade do
Concello e a prestación dos servizos á veciñanza coa maior calidade posible.


Loli Castiñeira: “PSOE e BNG apoiaron a investidura de Movemento Salceda, polo que
agora son corresponsables de que o goberno funcione con estabilidade e con capacidade de
xestión, e para elo resulta imprescindible que as catro persoas que forman o equipo de goberno poidan dedicar a súa xornada ao Concello”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES