lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasO BNG de Ponteareas alerta dunha posible perda de máis de medio...

O BNG de Ponteareas alerta dunha posible perda de máis de medio millón de euros de fondos europeos

- O Partido Popular pretende cambiar o uso dun equipamento sociocultural a un mercado

O BNG fai pública a súa preocupación ante a posibilidade de que o goberno do PP e Nava Castro perda máis de medio millón de euros de fondos europeos.

O Bloque refírese ao proxecto que estaba en marcha para rehabilitar a Nave de Aceiros, na Avenida de Galiza, e transformala nun novo equipamento sociocultural cunha praza cuberta para a celebración de eventos ou feiras e con espazos pechados para aulas, salas de ensaio, conferencias ou obradoiros. Esta actuación, que xa contaba coas correspondentes autorizacións e con orzamento reservado, sería posíbel grazas á obtención de fondos europeos a través da Estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudábel”. O BNG di que “se non se executa a actuación antes do 31 de decembro, Ponteareas perderá eses fondos logrados polo anterior goberno”.

En canto á necesidade de renovar o Mercado, o BNG lembra que xa existe un plan para a rehabilitación integral do actual Mercado Municipal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES