jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsComarcasNegociacións para levar a cabo o servizo de saneamento na urbanización da...

Negociacións para levar a cabo o servizo de saneamento na urbanización da parroquia de Louredo

- Reunión no Concello de Mos entre Comunidade de Propietarios de San Antoíño e Consorcio de Augas do Louro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, e o técnico de administración xeral do Concello de Mos, Víctor Rodríguez, reuníronse esta mañá no salón de sesións con representantes da Comunidade de Propietarios de San Antoíño xunto coa súa Administradora para tratar sobre o proxecto da rede de saneamento da urbanización sita na parroquia de Louredo así como a recepción das obras da mesma.

Os veciños deben proceder á subsanación de deficiencias previa á que a obra poida ser recepcionada, sempre contando coa vontade municipal de mediación e de man tendida para solventar a problemática da urbanización.

A alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, sempre lles manifestou aos veciños de San Antoíño “a man tendida da administración local mosense, que non lles vai dar a espalda nin deixalos sós”. Posicionándose o Concello como mediador para buscar unha solución á recepción das obras da urbanización.

Cómpre lembrar ademáis que o Consorcio de Augas do Louro aprobou un crédito extraordinario a principios deste ano para investir 221.275,59 euros con destino á eliminación de verteduras en zonas onde non existía rede de saneamento en Mos, tales como a contorna da urbanización San Antoíño ou en varios núcleos das parroquias de Cela e Sanguiñeda. A contratación do proxecto da parte exterior do saneamento de San Antoíño faina Augas de Galicia e da execución encárgase o Consorcio de Augas do Louro.

O Concello de Mos desenvolve neste proceso un papel mediador entre a Comunidade de Propietarios e o Consorcio de Augas do Louro para darlle solución á conexión á rede de saneamento para as vivendas da Urbanización de San Antoíño. O obxectivo é lograr unha solución definitiva ao servizo de saneamento en San Antoíño.

Na mesa de traballo celebrada en Mos esta mañá marcáronse as pautas a seguir neste proceso no que se atopan implicados Consorcio e propietarios, actuando a administración local mosense como mediadora, en aras de axudar a que a instalación da parte final da rede de saneamento en San Antoíño, sexa unha realidade o antes posible.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES