jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsNigrán comeza os tramites para a tramitación do PXOM

Nigrán comeza os tramites para a tramitación do PXOM

Todos os informes sectoriais son favorables e o Concello enviou o 5 de marzo á Xunta o ‘Estudo Ambiental Estratéxico’, paso final para a súa aprobación provisional e que debe ter resposta en setembro

Desde inicios de ano, todos os informes sectoriais son favorables e, como seguinte e derradeiro paso, o Concello enviou o 5 de marzo á Xunta o ‘Estudo Ambiental Estratéxico’, trámite final para a súa aprobación provisional e que debe ter resposta nun prazo máximo de 3 meses coa súa publicación no DOGA, estimándose que se produza a inicios de setembro e que sexa positiva ao dispor de todos os informes positivos. Por este motivo, o Concello o ten xa pendurado na web e ofrecerá nas vindeiras semanas charlas por parroquias onde se explicará polo míudo a normativa que rexe o documento (edificabilidade, usos, parcelas mínimas, frente mínimo…). Trátase da segunda vez que o Concello o explica parroquia a parroquia, anteriormente, no 2018, o fixo para amosar o documento incluíndo xa o catálogo de bens, “todo veciño pode consultar desde xa o documento que irá a Pleno, apenas cambiará porque nesta fase só se poderán correxir erros que coa participación dos veciños será máis fácil detectar”, incide González.

“Nesta frente traballamos sempre coa Xunta con cautela e consenso para non vender promesas nin fume ata chegar a esta realidade”, subliña o rexedor, quen destaca o gran traballo que supuxo suprimir o vial que tronchaba Nigrán desde Saiáns á Xunqueira. “Con todos os informes positivos a resposta a este informe de sostibilidade será favorable e, a partir de aí, poderemos levalo a un Pleno para a súa Aprobación Provisional, pola nosa banda non se demorará nin un día más do preciso”.

“É unha enorme tranquilidade e unha satisfacción ter rematados todos os ‘deberes’ do PXOM por parte do Concello de Nigrán. Moi pronto Nigrán contará cun plan urbanístico do século XXI que a maioría dos municipios aínda non teñen, isto é grazas á colaboración e sintonía destes anos coa AXI e os demáis organismos implicados”, finaliza.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES