lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsEmpresaDesconvocada a folga no sector do comercio de alimentación en Pontevedra

Desconvocada a folga no sector do comercio de alimentación en Pontevedra

- Os empresarios ofrecen unha suba salarial do 13% nos catro anos de vixencia, con clásula de revisión salarial a IPC e con carácter retroactivo

O persoal do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra decidiu onte en
multitudinarias asembleas celebradas en Vigo e Pontevedra suspender os dous días de
folga previstos para este mércores e xoves ante a última proposta de convenio colectivo
achegada pola patronal do sector. O empresariado ofrece unha suba salarial total do 13%
nos catro anos de vixencia do acordo, con cláusula de revisión salarial a IPC real e con
carácter retroactivo.

O avance nas negociacións foi posíbel tras a convocatoria de dous paros de 24 horas, tras o que a patronal convocou ao comité de folga a unha xuntanza o pasado venres na que puxo enriba da mesa unha serie de propostas que finalmente foron aceptadas en asemblea de xeito unánime polas persoas traballadoras do sector. Deste xeito, decidiuse suspender os paros coa intención de seguir negociando para pechar a renovación do convenio.


A proposta da patronal contempla un convenio a catro anos que establece uns incrementos
salariais do 5% en 2023, do 3% en 2024, do 3% en 2025 e do 2% en 2026, con cláusula de revisión salarial para cada un dos anos de vixencia con carácter retroactivo, sempre que o IPC real supere estas cantidades.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES