viernes, mayo 17, 2024
InicioEmpresaEmpresariadoSumar ofrécese para mediar na folga do metal en Pontevedra

Sumar ofrécese para mediar na folga do metal en Pontevedra

- A cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra ofrece a súa experiencia como mediadora profesional en cuestións laborais

 Verónica Martínez Barbero, cabeza de lista por Pontevedra de Sumar Galicia, referiuse á folga do metal en curso na provincia e puxo a súa experiencia profesional “a disposición” das partes en conflito. 

A candidata fixo fincapé na “necesidade de que os conflitos volvan á mesa para poder solucionarse”

“Eu son mediadora da provincia de Pontevedra con anos de experiencia, e póñome a disposición se calquera das partes considera que podemos ser de axuda”, dixo.

Martínez Barbero é inspectora de traballo, foi Directora Xeral de Traballo no Ministerio, e previamente, Presidenta do Consello de Relacións Laborais de Galicia; conta con ampla experiencia mediando en conflitos laborais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES