lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsEmpresaRueda anuncia contratos de obra pública por mais de 130 millóns de...

Rueda anuncia contratos de obra pública por mais de 130 millóns de euros

- Subliña a importancia “para a economía e o tecido produtivo galego” deste sector co que é fundamental colaborar para “seguir construíndo Galicia a través da obra pública”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a construción “é unha parte moi importante da economía e o tecido produtivo de Galicia” e que se trata dun sector que o Goberno autonómico vai seguir incentivando a través da licitación nos vindeiros de meses de contratos de obra pública por máis de 130 millóns de euros. Acompañado polas conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Éthel Vázquez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu a presentación do Clúster da Construción Galicia Constrúe nun acto celebrado en Santiago de Compostela.


Rueda, que subliñou a importancia de seguir contando con este sector para “construír
Galicia a través da obra pública”, anunciou que nos vindeiros meses a Xunta vai licitar
contratos de obra pública por un importe superior aos 130 millóns de euros. Entre os
proxectos máis importantes están as primeiras pezas do novo Hospital Universitario da
Coruña -nas que se investirán máis de 60 millóns de euros- ou a estación intermodal de
Lugo que contará cunha partida de 22 millóns.


Á hora de promover a obra pública, Rueda destacou a importancia de que Galicia conte
“cos maiores orzamentos da súa historia” así como “solidez financeira para poder pagar” e
estabilidade política, “o que facilita manter os contratos”.


O presidente calificou de “magnífica nova” a decisión dos empresarios e profesionais
galegos da construción de unirse a través deste clúster para procurar a modernización e
innovación do sector así como mellorar a competitividade das empresas galegas e buscar
solucións a retos do futuro máis inmediato como a modernización tecnolóxica, o cambio
climático ou a falta de man de obra actual. O presidente lembrou que os clúster “son uns
interlocutores fundamentais” que transmiten ás administracións “o sentir do sector” e logo
trasladan os acordos logrados de novo as empresas e traballadores. Por iso, a Xunta
destina 500.000 euros ata 2024 a apoiar aos clúster emerxentes, entre eles o da
construción.


E isto súmase, segundo lembrou o presidente, a importancia da construción á hora de
ordenar e vertebrar o territorio mediante novas estradas e autovías -como a que se está a
construír en Tui ou a que unirá Santiago con A Estrada-, para consolidar un modelo de
mobilidade sostible -participando na construción de 50 sendas peonís ou das estacións
intermodais en todas as cidades galegas- ou á hora de fixar as infraestruturas precisas
para velar pola calidade das augas. A Xunta investiu máis de 1.100 millóns de euros neste
eido desde 2009 e prevé destinar outros 230 millóns ata 2027.


Por último, durante a súa intervención, Rueda animou ao sector, que aglutina a 8.500
empresas e 80.000 traballadores na comunidade, a seguir medrando e situar Galicia á
vangarda neste eido. “En Galicia se constrúe e se constrúe moi ben desde hai anos”,
sinalou o presidente, quen fixo fincapé en que “se lle vai ben á construción lle vai ben a
Galicia”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES