lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasO recinto amurallado de Salvaterra acollerá o seu verán cultural

O recinto amurallado de Salvaterra acollerá o seu verán cultural

- Carlos Núñez, Verónica Codesal ou A Roda serán algúns dos artistas que actuarán durante os próximos meses

Un dos grandes atractivos culturais do noso concello é o Verán Cultural non só para os nosos veciños e veciñas senón para moita xente doutros concellos que se achega cada ano para desfrutar da nosa programación. Como pioneiros nesta axenda cultural que renovamos cada ano e conscientes da importancia que ten para Salvaterra de Miño, nesta edición ampliamos o tempo de duración con eventos imprescindibles que comezarán o 28 de xullo e que continuarán ata o 27 de agosto.

Trátase dun gran esforzo por parte do Concello de Salvaterra de Miño para ofrecer actividades culturais tanto para maiores como para os máis pequenos. Nesta edición, ademais dos concertos de grandes artistas e grupos como , Verónica Codesal o 28 de xullo, Carlos Núñez o 29 de xullo, A Roda e Lucky Duckies o 25 de agosto, Son de Seu e Fanfarria Taquicardia o 26 de agosto e O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla o 27 de agosto.

Outra parte importante da programación serán eventos recoñecidos: O Mundo a Danzar o 31 de xullo, O Son da Muralla o 5 de agosto, Imos de Guateque o 12 de agosto e os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Viño que serán eixe principal das actividades do Verán Cultural.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES