domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsO PaísBaltar renuncia a presidir a Deputación de Ourense

Baltar renuncia a presidir a Deputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense desde 2012, Manuel Baltar, anunciou este mércores que non aspirará á seguir presidindo a institución provincial. Baltar renunciará á acta como edil no concello de Esgos, e desa maneira xa non poderá ser reelixido na Deputación.

O anuncio fíxoo en conferencia de prensa o candidato do PP por Ourense, Manuel Cabezas, que coñeceu tal decisión ás doce e media, segundo explicou á prensa.

Lembremos que Manuel Baltar relevara no posto ao seu pai, José Luis Baltar, que durante 22 anos estivo ao mando desa Deputación.

O PP proponlle ao PSdeG e ao BNG un pacto na cidade de Ourense para evitar que Jácome volva gobernar.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES