domingo, mayo 12, 2024
InicioComarcasO CondadoAs EFAS de Galicia cumpren 50 anos de historia apostando polo rural

As EFAS de Galicia cumpren 50 anos de historia apostando polo rural

Os Centros de Promoción Rural – EFA de Galicia celebran o seu 50 aniversario e, para
festexar esta efeméride, organizarán un evento conmemorativo o vindeiro 22 de xuño no
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. Está prevista a
asistencia dunhas 1.500 persoas, entre representantes institucionais, empresas e outros
membros da comunidade educativa. O acto pretende visibilizar o traballo realizado no
rural e poñer en valor a xente e os recursos do medio rural galego como xeradores de
emprego e riqueza no territorio.
En Galicia hai tres Centros de Promoción Rural – EFA: A Cancela (As Neves-Pontevedra),
Piñeiral (Arzúa-A Coruña) e Fonteboa (Coristanco-A Coruña). Nestes centros impártense
diversas especialidades formativas (ESO e Formación Profesional) en réxime de concerto
educativo e múltiples programas de formación con impacto no territorio para dar resposta
ás necesidades da contorna.
Nestes anos formaron a uns 17.000 alumnos, en colaboración con 2.500 empresas
“A formación é o principal plan para fixar poboación no territorio e as EFAS buscan a
inserción profesional dos mozos no rural” -manifesta Belén Rodríguez Lago, secretaria
xeral da Federación EFA Galicia-. Nesta liña, superan os 7.000 alumnos formados no
ámbito da formación regrada e os 10.000 na non regrada, colaborando durante estes anos
con máis de 2.500 empresas. En relación ao futuro profesional, máis de 300 alumnos
continuaron estudos universitarios, máis de 6.000 lograron unha inserción profesional no
rural e máis de 1.200 son na actualidade empresarios en diversos sectores do rural.

Podes escoitar a entrevista coa directora da EFA de As Neves, aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES