viernes, marzo 29, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaAlfonso Rueda: "As tres maiorías absolutas de Nidia Arévalo, non son casualidade"

Alfonso Rueda: «As tres maiorías absolutas de Nidia Arévalo, non son casualidade»

O presidente do PPdeG puxo en valor as tres maiorías absolutas acadadas por
Nidia Arévalo asegurando que non son froito do azar, senón que son o
resultado do traballo, o compromiso, a ambición e a ilusión demostrada que
demostran día a día a alcaldesa e o seu equipo por Mos.
Remarcando que a mellor proba destes anos de xestión feita sempre coa
cabeza e o corazón postos en Mos é que este concello é hoxe un referente e
ademais o mellor lugar para vivir, para investir e para crear emprego,
Mos ten tamén un futuro brillante do que o Goberno galego quere formar parte
coa construción de nova vivenda pública, co complexo sociosanitario de
Rebullón, coa humanización do entorno da ermida de San Eleuterio en
Tameiga e co apoio ao proxecto Galicia Sports 360.
Rueda incidiu na importancia de apoiar as iniciativas que xeran riqueza e de
comprender que emprego equivale a benestar e que benestar equivale a futuro,
e que por iso se necesitan dirixentes que cumpran a súa palabra e non que
estean inmersos no «non polo non».
Neste sentido engadiu que os galegos necesitan moito máis PP e non ao
PSOE dos prazos vencidos do AVE a Vigo, dos 30.000 euros da Saída Sur ou
do abandono de Stellantis.

O líder dos populares galegos concluíu pedindo os votos para a súa formación
para seguir mellorando Galicia, darlle a volta ás dificultades e abrir unha nova
etapa de maior ilusión fronte as decepcións vividas nos últimos tempos
NIDIA ARÉVALO: “SOMOS A ÚNICA OPCIÓN VÁLIDA PARA SEGUIR NA
SENDA DE TRANSFORMACIÓN”.
A alcaldesa e candidata á reelección asegurou que para ela Mos sempre foi o
primeiro: “A miña paixón polo meu concello vén de lonxe, desde ben nena.
Unha paixón que medra a medida que vexo que Mos se fai máis forte e ata
onde chegamos. Mos é hoxe un lugar do que presumir e, entre todos, seremos
aínda máis fortes”.
“Non está nada feito, o domingo hai que encher as urnas. Sei que, coma min e
o meu equipo, os veciños tamén poñedes a Mos primeiro. Somos a única
opción válida para seguir nesta senda de transformación”, remarcou dirixíndose
aos asistentes ao xantar.
Nidia Arévalo recordou que o Mos do que desfrutan hoxe os veciños “non é
froito da casualidade, nin da improvisación” senón que é o resultado de “saber
o que queremos e ter unha folla de ruta clara”.
Isto permite, tal e como sinalou, ter vivenda pública, grandes proxectos como o
centro sanitario de Rebullón –“o primeiro centro público de coidados sanitarios
intermedios de España”, indicou– e sobre todo pensar nas persoas, con máis
emprego, máis escolas infantís, máis servizos sociais, mellor educación,
igualdade, cultura, deportes, etc.
Neste sentido o Mos de hoxe tamén é un concello humanizado, atractivo para
empresas e industria, máis limpo, con máis servizos, asfaltado e con
saneamento.
“Pido o voso voto porque teño equipo, estou avalada polos feitos e teño o
mellor programa. Pero sobre todo porque teño aos mellores veciños, que me
dan forza, que me din por onde ir, que están ao noso carón, falando e nós
escoitando”, concluíu

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES