jueves, abril 25, 2024
InicioNewsComarcasUn incendio queima 50 hectáreas de monte en Crecente

Un incendio queima 50 hectáreas de monte en Crecente

Un lume forestal arrasou 50 hectáreas en Crecente, na parroquia de Rebordechán.

As lapas comezaron no serán deste xoves, cara as 20.00 horas. A medianoite xa era esa a superficie calcinada.

Este venres pola mañá a Consellería de Medio Rural facía unha valoración de «evolución favorable» sen que o incendio queimase máis extensión. Deuse por estabilizado ás 12.00 horas.

As laspas comezaron preto do leito do río Miño. Os medios aéreos traballaron dúas horas a tardiña, mentres tiveron visibilidade. Os fortes refachos de vento e o escarpado do terreo dificultaron a extinción.

Actuaron tres axentes, 12 brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES