viernes, abril 26, 2024
InicioO PaísA CoruñaOs trens Avril chegarán a Galicia en outono

Os trens Avril chegarán a Galicia en outono

«Entre outubro e novembro». Foi a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, quen deu a data da chegada dos trens Avril a Galicia.

A ministra lembrou que Talgo notificou e fixo público un atraso na entrega destes trens que inicialmente estaba previsto que entrasen en funcionamento na comunidade galega no verán do 2022.

O anuncio fíxoo Sánchez nun acto en Ferrol, no que estivo acompañada polo alcalde e candidato do PSOE á reelección, Ángel Mato.

Na súa visita a Galicia, na que participará en varios actos con candidatos do PSOE ás municipais do 28 de maio, a ministra sinalou que, segundo as últimas informacións facilitadas pola empresa, a chegada destes trens será nesas datas: «no mes de outubro ou novembro». «Esa é a información que temos», resolveu a titular de Transportes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES