viernes, mayo 3, 2024
InicioA terraA nosa cultura"Matria", o estandarte das mulleres invisibilizadas, a palestra en Cans

«Matria», o estandarte das mulleres invisibilizadas, a palestra en Cans

O Festival de Cans viviu hoxe a segunda xornada da súa XX edición cunha xornada moi especial dedicada a festexar o Día das Letras. Cans uniuse á celebración deste día do mellor xeito que podía facer, dedicando a súa programación ao cinema e a música do país, coa estrea do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, un coloquio sobre o filme “Matria” cos seus protagonistas e un broche final cunha noite de actividades dedicada aos veciños da aldea, os grandes protagonistas do evento. O Día das Letras está a ser unha xornada inesquecible para veciños e visitantes de Cans nesta xornada. 

Un dos momentos estelares chegou a mediodía no Torreiro cun debate sobre o proceso de creación de “Matria”, o filme galego que está a triunfar nas salas de toda España con uns protagonistas moi unidos a Cans, como son o seu director Alvaro Gago e a actriz María Vázquez. Tamén incorporouse ao debate Eduardo Rodríguez Cuña “Tatán” e actuou como presentador o director do festival, Alfonso Pato. 

Ante un Torreiro cheo de xente, Alvaro Gago reivindicou a aposta de rodar unha película en galego a pesar de que se o fixera en castelán podería ter duplicado as 60 copias que se distribuíron do filme. “Matria” xa foi vista por máis de 40.000 persoas e obtivo premios como a Biznaga de Prata do Festival de Málaga para a mellor actriz, polo traballo de María Vázquez. Gago indicou tamén que Cans é un festival no que existe unha conexión especial entre o publico e os cineastas. “Este é un festival que baixa do pedestal ao que nunca deberan ter subido os directores”, engadiu. 

A protagonista de “Matria” destacou que este papel permitiulle representar a moitas mulleres invisibilizadas e para ela supuxo “un orgullo e unha viaxe emocional incrible”. Ademais, Vázquez apuntou que unha vez estreada a película moitas mulleres agradecen que se conte unha historia coa que se senten moi identificadas. Sinalou tamén que o filme supuxo un esforzo importante con un ano de preparación para un papel que lle está a dar moitas satisfaccións persoais e profesionais. O público participou activamente no debate e despois encheu o Baixo de Bugarín onde se proxectou a película. 

Despois do coloquio tivo lugar tamén no Torreiro a sesión vermú Povarelo na que participaron as violinistas María Jorge, Aldara Souto, Begoña Riobóo e Antía Ameixeiras, xunto ao tamén violinista Carlos Quintá e ao músico Pancho Álvarez, que ademais é o director do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, que estreouse pola mañá en Cans. Ante un público moi animado tocaron varios temas do repertorio tradicional do propio Florencio, nunha sesión festiva na que gozaron adultos e nenos de todas as idades. 

Xa pola tarde continuou a actividade en Cans con coloquios e proxeccións e as 20:30 está prevista a tradicional homenaxe ao Can de Pedra, situado na rotonda de Adroza, e a colocación dos Chimpíns no Muro dos Chimpíns. Ás 21.30 comezará a Noite dos Veciños, unha festa dedicada aos verdadeiros protagonistas do festival, que neste XX aniversario do evento contará coa estrea do documental “De casa en casa”, de Juanma Lodo, baseado no proxecto Cans 303, a presentación do xurado dos veciños e veciñas e un gran final coa actuación das Pandereteiras de Cans e Acordecans. 

Festival de Cans 2023

XOVES CON ACTIVIDADE EN CANS E O PORRIÑO

A xornada de mañá xoves conta de novo cunha programación chea de propostas interesantes para todos os públicos. Destaca o coloquio que terá lugar a mediodía no Baixo de Carlos de Cans, que reunirá 25 anos despois da súa estrea ás actrices da emblemática serie galega “Mareas Vivas”. Pola tarde a activade desprazarase ao Porriño. No Circulo Recreativo Cultural (17:00) proxectarase a longametraxe “Unicorn Wars”, do director Alberto Vázquez  e a partir das 20:30 terá lugar a apertura oficial do festival coa proxección da película “Honeymoon”, do director Enrique Otero, que contará coa asistencia do equipo do filme. A actuación de Paloma, tamén no Circulo Recreativo Cultural, pechará a xornada. 

Programación Xoves 18 de maio: 

10.00 h. Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.

10.30 h. Coloquio Proxecta: “A arte de programar”. Baixo

de Carlos.

10.30 h. Roteiro cinéfilo-literario co escritor Carlos

Meixide. Saída do Torreiro de Cans.

12.00 h. Coloquios Fundación AISGE: «As actrices de

Mareas Vivas, 25 anos despois». Baixo de Carlos.

12.00 h. Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.

15.00 h. III Concurso de pintura rápida PINTAR O O CINE.

Pza. do Concello e Rúa peonil.

17.00 h. Apertura mercado libros de cine. Pza. do Cristo.

17.00 h. Proxección «Unicorn Wars» de Álberto Vázquez.

Círculo Recreativo Cultural.

17.30 h. LENDOCINE: Literatura e Cinema. Botica Nova,

Praza do Cristo.

19.00 h. Showcooking Tapas de Cine Estrella Galicia:

“Cociñando Matria”. Pza. do Concello.

20.00 h. Procesión de chimpíns dende a Pza. do Concello

con Pasarrúas de Os Zoqueiros.

20.30 h. Apertura oficial do festival. Proxección de

«Honeymoon» de Enrique Otero. Coa presenza do equipo.

Círculo Recreativo Cultural.

23.00 h. Actuación: PALOMA. Círculo Recreativo Cultural.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES