viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísUn rapaz de 16 anos ao volante acompañado do seu pai en...

Un rapaz de 16 anos ao volante acompañado do seu pai en Lugo

Con 16 anos conducía un coche no centro da cidade de Lugo e o copiloto era o seu propio pai. A súa mala condución delatouno.

Axentes da Policía Local de Lugo sorprenderon a un menor de idade ao volante dun vehículo que circulaba de forma irregular por unha das rúas da cidade da muralla.

O mozo, de 16 anos, ía ademais en compañía do seu pai. Ocorreu o sábado pola tarde na rúa Santiago.

Os axentes instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria contra o menor de idade e contra o seu pai, como cooperador necesario, na modalidade de xuízo rápido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES