martes, mayo 7, 2024
InicioNewsO PaísO paro baixa en Galicia en 2.245 persoas en marzo

O paro baixa en Galicia en 2.245 persoas en marzo

O desemprego en Galicia baixou en 2.245 persoas, un 1,56 % de caída e acumula unha baixada do 7,56 % no que vai de ano, con 11.489 persoas menos.

En toda España,o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 48.755 persoas en marzo en relación ao mes anterior (-1,67 %) impulsado polo descenso do desemprego no sector servizos polas contratacións para a Semana Santa, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo, que destacou que o retroceso porcentual do paro rexistrado en marzo é o maior neste mes desde 2002.

A baixada do paro en marzo deste ano, que pon fin a dous meses consecutivos de ascensos, supera con fartura á experimentada en marzo de 2022, cando nada máis desatarse a guerra en Ucraína, o desemprego só se reduciu en 2.921 persoas. Con todo, o retroceso deste ano foi inferior ao rexistrado en marzo de 2021 (-59.149 desempregados).

No cómputo xeral, ao finalizar marzo, o número total de parados situouse en 2.862.260 desempregados, a súa cifra menor neste mes desde 2008, segundo destacou Traballo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES