martes, abril 23, 2024
InicioO PaísPontevedraVilas con Vida: Cambados

Vilas con Vida: Cambados

Programa da Deputación de Pontevedra e Si Radio de Galicia

Queren coñecer que fai que as políticas pensadas para as persoas melloren o noso día a día? Queden con nós e faremos un percorrido por aquelas iniciativas que nos brindan melloras estruturais que tamén repercuten no noso estado anímico. ¿Como? Pois proxectando espazos e servizos públicos que nos fagan máis agradable e doado o noso día a día. En Vilas con Vida aterramos en Cambados para coñecer da man da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do alcalde Samuel Lago, feitos que mudan as nosas tarefas cotiás.

No noso programa presentarán a nova ferramenta, a Red.es, que axudará ás pequenas e medianas empresas a tramitar axudas do Kit Dixital para ser máis competitivas e ofrecer mellores servizos aos seus clientes pero tamén poder dispor de técnicas para maximizar a xestión da súa empresa ou facela máis visible no mercado, entre outros recursos.

Tamén afondaremos no PON2030 que suporá unha inxección económica para os concellos de menos de 50.000 habitantes e posibilitará a execución dunha obra de grande calado. Ademais, faremos un resumo do impacto do Plan Concellos na provincia e daremos un paseo radiofónico polas rúas humanizadas ao longo destes últimos catro anos.

Da man da concelleira de Igualdade e da responsable do CIM acompañadas tamén de Laura Muradás do departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra, falaremos de sensibilización e dos servizos e actividades promovidos para unha igualdade efectiva.

Despediremos con Juan Rey, presidente de Zona Centro para coñecer o mellor do comercio e da hostalaría de Cambados… e todo aquí… nestes cincuenta e cinco minutos de radio en directo!!!

 

logo principal depo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES