jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasO CondadoVolve a sementeira cunha ruta internacional de tractores

Volve a sementeira cunha ruta internacional de tractores

Entrevista co secretario da asociación Quinta do Piñeiro, Fran Sousa.

Xa hai data para o evento que busca poñer en valor a tradición no agro, a Sementeira. Celebrarase os días 13 e 14 de maio e chegará, así, a XV edición. E para que todo saia ben, a Asociación cultural quinta do Piñeiro, que é a entidade que se encarga de poñer en marcha esta festa xunto co Concello de Salvaterra de Miño, organiza o seu tradicional cocido tras dous anos de parón debido a pandemia da COVID-19. Servirá para que as persoas que asistan poidan aportar o seu gran de area.

Será o 29 de xaneiro, ás 14:00 horas, na Casa Cultural de Corzáns, cando as persoas que asistan poderán degustar dun menú que, como novidade, inclúe a  partir das 16:30 horas unha amenización co trío Luces de Bohemia.

En Si Radio de Galicia falamos co secretario da asociación, Fran Sousa, quen nos costa que este ano a sementeira chega a Corzáns cunha ruta internacional de tractores.

 As prazas son limitadas polo que os interesados deben anotarse antes do 23 de xaneiro no teléfono 638 450 204 ou no 686 939 855.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES