domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísBarreira de formigón tras o accidente mortal na A-52 en Salvaterra

Barreira de formigón tras o accidente mortal na A-52 en Salvaterra

Antes de que transcurriran 24 horas do accidente mortal da A-52, en Salvaterra, o Ministerio de Transportes colocou barreiras de formigón no punto do sinistro (p.k. 290) en lugar das barreiras de plástico existentes.

Unhas barreiras de plástico temporais estaban na mediana no punto do accidente mortal do sábado, ás 10.30 horas, na autovía A-52, despois de que un coche derribara o guardarraíl en Noiteboa.

Este domingo pola mañá, operarios encargábanse de colocar estruturas de formigón na mediana, que sustituirán as barreiras de plástico que non frenaron ao BMW que nunha saída de vía invadiu o outro carril acabando coa vida do avogado vigués Juan Blanco Gutiérrez, de 41 anos. A súa muller, de 39, e a súa filla, de menos de 2 anos, continúan graves hospitalizadas.

A Dirección Xeral de Estradas activou a instalación do muro de cemento que substitúe a unha estrutura de cubos rectangulares de plástico de cores branco e vermello empregados para cubrir o oco. 

 O condutor, en sentido Ourense, non tivo marxe de manobra para esquivar ao BMW 116D que se cruzou no seu camiño nunha mañá de temporal cando circulaba en sentido Vigo. O condutor dese coche, A. C. D., de 25 anos,  perdeu o control do turismo. Aínda non transcendeu a causa do accidente. Saíuse da vía e foise ao carril contrario xusto polo lugar da mediana que só estaba protexida polos cubos de plástico. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES