jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísCovelo terá raíñas magas xunto a Melchor, Gaspar e Baltasar

Covelo terá raíñas magas xunto a Melchor, Gaspar e Baltasar

Covelo desmárcase e terá a súa Cabalgata de Reis o 6 de xaneiro coa innovadora participación das raíñas magas xunto aos reis magos.

A comitiva das Raíñas e Reis Magos de Oriente visitará cada unha das parroquias do Concello de Covelo para repartir ilusión o día 6 en cada recuncho. Deste xeito, a raíña e o rei Melchor sairán de Fofe ás 16:30 horas para chegar a Piñeiro ás 17 e visitar Barcia de Mera ás 17:30 horas. Ás 18 horas repartirán maxia en Casteláns e, de seguido, trasladaranse á praza Mestre Cerviño de Covelo.

O séquito real de Melchor comezará o seu percorrido na Graña ás 16 horas para continuar visitando Campo ás 16:30 horas, Godóns ás 17 horas e San Salvador de Prado ás 17:30 horas para xuntarse ás 18:30 horas na praza Mestre Cerviño co resto dos reis e das raíñas de Oriente.

O rei e a raíña Baltasar saudarán á veciñanza de Prado da Canda ás 16:30 horas para chegar á Lamosa ás 17 horas, a Paraños ás 17:30 horas e ás 18 horas a Santa Mariña. A continuación farán a súa chegada ao centro urbano arredor das 18:30 horas.

No seu percorrido, raíñas e reis de Oriente realizarán pequenas paradas nos locais da hostalaría para felicitar o ano e espallar os seus mellores desexos ao seu paso, ademais de agasallar doces que tamén entregarán a todas as cativas e cativos que se acheguen a darlles a benvida o pavillón municipal de Covelo.

Na praza Mestre Cerviño desfilarán nas súas carrozas reais e visitarán ás e aos nosos maiores da residencia da terceira idade para deixarlles un cariño en forma de flor. De alí irán ao pavillón municipal onde atenderán a a todas e todos os cativos que, xunto coas súas familias, desfruten do día de Reis xogando nos hinchables e degustando un chocolate con rosca.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES