lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoVolve a San Silvestre á Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño

Volve a San Silvestre á Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño

Celebrase o sábado 17 ás 20:30 horas.

Volve a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monçao-Salvaterra do Miño de Nadal este sábado 17 de decembro ás 20:30 horas. Deste xeito, recuperase a normalidade despois da pandemia da COVID-19 en materia deportiva e cultural con esta proba onde os veciños e as veciñas dun e doutro lado da raia, así como todas as persoas que queiran participar, terán o seu percorrido internacional ao longo de 5 km.

Amaís, antes da proba que comezará ás 20:30 horas, hora española, en Monçao, terá lugar a Sal Silvestre infantil na Praza De-La-Deu na que os máis cativos tamén gozarán do seu momento dando dúas voltas á praza.

Ao remate das probas, haberá unha chocolatada para todos os asistentes na Praza do Concello de Salvaterra de Miño.Cómpre lembrar que para participar soamente ten a condición de aportar un produto non perecedoiro para o Banco de alimentos .

Para facer as inscricións consulta no 00351 962 124 648 ou en desporto@cm-monçao.pt

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES