jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoIronía e humor para escorrentar os totalitarismos

Ironía e humor para escorrentar os totalitarismos

O teatro de Goian acolle este sábado día 12 a obra O meu mundo non é deste reino, unha adaptación libre da Farsa de Bululú de Manuel María.

A través do humor e da ironía escorrentarase aos totalitarismos este sábado en Goian coa obra de teatro O meu mundo non é deste reino, da compañía Ramboia. Trátase dunha adaptación libre da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da dictadura franquista escrita no ano 1973 «que busca un equilibrio entre a farsa de marionetas orixinal e unha duplicidade máis enfocada ao histórico a través de conversa entre os dous personaxes protagonistas», segundo explica o Concello de Tomiño.

En Si Radio, falamos con Fran Lareu, un dos actores protagonistas e explica que «se inclúen totalitarismos actuais de Europa» e apunta que «se emprega o humor e a ironía para tratar estes temas trascendentais para a sociedade para que no se volvan a reptir os mesmos erros históricos».

Escoita a entrevista completa con Fran Lareu aquí:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES