domingo, abril 28, 2024
InicioComarcasO CondadoArantei celebra esta fin de semana a festa do viño novo

Arantei celebra esta fin de semana a festa do viño novo

Repartirase máis de 1.000 litros gratis.

Arantei celebra esta fin de semana, os días 12 e 13 de novembro, a XXII Festa do viño novo. Neste evento, se repartirán máis de 1.000 litros gratis gracias á colaboración dos veciños e das veciñas da parroquia que «son os que donan as uvas», segundo fai saber a organización.

Máis tarde, a comisión de festas de San Roque elabora o viño blanco e tinto que se degustará, tamén de balde, na festa. Haberá oferta gastronómica durante as dúas xornadas así como postos de artesanía, de mel, chocolates, cafés e repostería.

Os grupos 2 Tipos e Top Legends amenizará o primeiro día do evento e o domingo día 13 a televisiva Laura Anton abrirá a xornada dando lectura o pregón. Actuará a charanga “Os Imperiais”. Pata terminar, celebrarase un bingo con grandes premios.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES