lunes, abril 29, 2024
InicioNewsO PaísOs locais de xogo estarán polo menos a 300 metros dos colexios

Os locais de xogo estarán polo menos a 300 metros dos colexios

Proxecto de lei reguladora do xogo de Galicia aprobado polo Consello da Xunta este xoves. Entrará en vigor en 2023 e limitará o número de establecementos de xogo ademais de ter que estar a polo menos 300 metros de centros educativos e de rehabilitación.

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, poderá haber en Galicia un máximo de dous casinos, doce bingos, 118 salóns de xogo e 41 tendas apostas.

Limitación de dúas máquinas como máximo en locais de hostalería.

Distancia mínima estipulada de 300 metros medidos radialmente desde centros educativos aos que acudan menores, centros rehabilitadores de persoas xogadoras patolóxicas e doutro establecemento de xogo.

Calvo destaca a medición radial, fronte a outras normativas que establecen distancias peonís, «que permitían que eses locais estivesen máis preto».

Diego Calvo concretou que se trata «de regular un «xogo responsable», polo que se vai establecer unha «limitación para entrada de menores nos locais de xogo», xa que estes establecementos terán que ter controis de acceso.

E é que preocupa especialmente a protección dos menores: un de cada catro rapaces galegos recoñece que xogou nalgunha ocasión, e uns 35.000 están en risco de converterse en ludómanos.

Tamén as máquinas instaladas en locais de lecer e hostalería terán que ter dispositivos para que non poidan ser usadas por menores.

A actual normativa data de 1985, polo que é unha regulación que necesitaba «ser actualizada», asegurou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES