domingo, mayo 5, 2024
InicioComarcasVal de Miñor"A subministración de auga en Baiona está garantida ata outubro"

«A subministración de auga en Baiona está garantida ata outubro»

Os alcaldes da comarca do Val Miñor agardan unha reunión co rexedor de Vigo, Abel Caballero, posto que os municipios abastécense de Eiras.

A situación é preocupante en canto á subministración de auga no municipio de Baiona. Así o recoñece o alcalde, Carlos Gómez, nos micrófonos de Si Radio. Apunta o rexedor que «podemos garantir o abastecemento ata finais de outubro e principios de novembro, aínda que é certo que, a medida que o caudal baixa, a calidade da auga é menor». É por isto que os representantes da comarca do Val Miñor agardan unha reunión co seu homólogo, Abel Caballero, co fin de buscar unha solución posto que as localidades abastécense de Eiras. Tamén pedirán, segundo Gómez, a intervención de Augas de Galicia.

Podes escoitar a entrevista completa co alcalde de Baiona, Carlos Gómez, aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES