jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaA caravana LGTBIQA+ promove o respecto á diversidade no Porriño

A caravana LGTBIQA+ promove o respecto á diversidade no Porriño

A vila do Louro celebra o Día do Porriño Orgulloso con actividades de sensibilización e ocio que estenden unha mensaxe de respecto, tolerancia e liberdade.

Unha caravana multicor aparcou hoxe no Porriño con motivo do Día do Orgullo LGTB para estender os valores do respecto, a tolerancia e a liberdade nas rúas da vila, no marco da programación impulsada pola concellería de Igualdade.
A Caravana LGTBIQA+ permanecerá na praza Arquitecto Antonio Palacios de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas para atender a toda aquela persoa que necesite resolver dúbidas en materia de sexualidade e diversidade. Unha psicóloga e unha asesora xurídica prestarán tamén atención personalizada e privada a quen o requira.
Ademais de ofrecer información e asesoramento en materia de xénero e sexualidade distribuiranse pulseiras, cartelería e flyers co lema “Ti Decides” aos viandantes e nos establecementos do centro urbano co fin chegar ao maior número de xente esta mensaxe de tolerancia.
“O respecto, a tolerancia e a liberdade son valores que necesitan ser reivindicados cada día”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “No Día do Orgullo , alzamos a voz para deixar ben claro que queremos un Porriño máis inclusivo, igualitario e respectuoso. A diversidade enriquece a calquera sociedade”.
A xornada reivindicativa pecharase esta noite con David Bugarín e Oliver Soto que chegan ao Porriño cos seus espectáculos “Esta es mi vida” e “Lili Marlem show”. Será na praza Arquitecto Antonio Palacios

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES