jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaA inclusión percorre o Camiño de Santiago

A inclusión percorre o Camiño de Santiago

Porriño acolleu hoxe a saída oficial da peregrinación xacobea organizada por Special Olympics.

54 peregrinos partiron este luns do Porriño para percorrer o Camiño de Santiago máis inclusivo. Trátase dos participantes na xa clásica Peregrinación Xacobea que organiza Special Olympics Galicia cada Ano Santo, co fin de visibilizar o movemento asociativo da discapacidade intelectual así como ás familias, profesionais e persoas voluntarias que conforman dito movemento e que esta maña saíron do parque do Cristo para completar o Camiño Portugués ata Santiago de Compostela.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o responsable de Special Olympics e Fademga Plena inclusión Galicia, deron a saída oficial a esta peregrinación no parque do Cristo. Xunto con eles, iniciáronse rutas simbólicas e adaptadas dende distintos municipios de Galicia onde comeza o Camiño e, o próximo sábado, confluirán en Santiago onde se celebrará un acto de recibimento.

O rexedor porriñés compartiu con eles os momentos previos á saída e desexoulles un bo camiño destacando que “O Porriño está moi orgulloso de poder compartir con todos vós esta experiencia”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES