jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaA bandeira multicolor loce en máis bancos de Mos

A bandeira multicolor loce en máis bancos de Mos

O Concello declara hoxe a defensa e apoio aos dereitos das persoas do colectivo LGTBI+ e a que poidan desenvolver unha vida plena e en liberdade.

Dende a administración local amosan “a nosa repulsa máis absoluta e tolerancia cero ante os delitos de odio por calquera motivo de orientación sexual. Todos somos iguais en dereitos, «pero non somos seres uniformes en sociedade. Ser consciente diso abre as portas a un mundo de respecto e confraternidade”.

A III edición do concurso de frases reivindicativas é outra das actividades organizadas desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá, Política Social e Igualdade.

A frase gañadora foi a de Noelia Pérez Daponte, de 40 anos, natural da parroquia de Tameiga, co slogan “AmaMos con ORGULLO e liberdade”
Esta frase gañadora e conmemorativa polo día LGTBI+ xa está na fonte da rotonda das Angustias.

Outra das iniciativas foi o pintado de varios bancos (como en anos anteriores) en lugares destacados do concello, coa bandeira LGBTI+ (entre eles o Pazo de Mos, San Rafael e San Eleuterio). En apoio a diversidade e reivindicando os dereitos das persoas deste colectivo.

Ademais, como non podía ser doutro xeito, xa está no balcón do Concello a bandeira LGBTI+ como todos os anos.

O persoal do CIM (Centro de información á Muller) e da OMIX (Oficina Municipal de Xuventude) están ao dispor de todos os cidadáns para axudar, apoiar, asesorar e ofrecer atención xurídica e psicolóxica neste ámbito

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES