sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísDerrúbase o escenario do Son do Camiño e fire a 6 traballadores

Derrúbase o escenario do Son do Camiño e fire a 6 traballadores

Seis traballadores resultaron feridos nun accidente laboral rexistrado este venres no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, ao colapsar o escenario principal en montaxe do ciclo de concertos O Son do Camiño. Dous deles foron evacuados a un centro hospitalario da capital galega en estado grave e os outros catro están leves.

Vicepresidente segundo da Xunta, DIego Calvo:

O escenario caeu en plena montaxe cando unha vintena de empregados traballaban sobre esa estrutura metálica.

Varios traballadores quedaron atrapados ao caer un dos escenarios do festival musical «O Son do Camiño» que estaba a ser montado no Monte do Gozo, en Santiago.
A Xunta, que organiza que este festival, informou de que tras o accidente foron mobilizados, entre outros, os Bombeiros de Santiago, Policía Nacional e o 061.

O derrube produciuse sobre as 12:30 horas por «algún fallo» debido a causas que se investigan».

Comisións Obreiras anunciou este venres que se dirixirá á autoridade laboral co obxectivo de que se revisen as condicións nas que se desenvolven os traballos de montaxe do festival. O sindicato «espera que o accidente se salde unicamente con feridos e que a súa recuperación sexa rápida e total», sinalan desde CCOO.

Varias ambulancias desprazáronse ao lugar do suceso onde unha vintena de empregados traballaban sobre a estrutura metálica que se derrubou. 

O festival musical ten datas de celebración para os días 16, 17 e 18 de xuño no Monte do Gozo (Santiago de Compostela). Entre os artistas confirmados están The Chemical Brothers, C. Boureo, Sebastián Yatra, Lola Índigo e Liam Gallagher, entre outros ata un total de 40 actuacións para as que están todas as entradas vendidas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES