martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriña60 inscritos na listaxe de demandantes de vivenda protexida en Mos

60 inscritos na listaxe de demandantes de vivenda protexida en Mos

Continuará activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramitará xa estas primeiras solicitudes.

Desde o pasado 1 de xuño, data na que o Concello de Mos abriu a listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida, xa hai inscritos 60 veciños e veciñas interesados en optar a esta futura oportunidade residencial no municipio.

A listaxe municipal continuará activa para que se anote toda a veciñanza que o desexe e con estes 60 xa inscritos procederase a formalizar inscrición no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes a este respecto.

Nesta listaxe municipal poden apuntarse as persoas que desexen solicitar este tipo de inmobles incluídos no proxecto de impulso da vivenda protexida no Concello.

A listaxe municipal de demandantes de vivendas está xestionada polos servizos municipais e nela poden inscribirse os cidadáns interesados en solicitar o acceso a algunha das futuras vivendas que se desenvolvan a partir do proxecto do Concello.

Cómpre lembrar que a finais do pasado mes de maio o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañados de varios técnicos municipais, reuníronse para estudar as posibilidades en materia residencial. Durante a xuntanza, Xunta e Concello de Mos, analizaron as alternativas para desenvolver vivendas protexidas no municipio.
Durante a reunión, continuación da mantida o pasado mes de marzo, analizáronse posibles alternativas de solo para a construción de vivendas protexidas en Mos, tanto de promoción pública como privada. A tal fin, estudáronse diferentes posibilidades de novos desenvolvementos de solo residencial.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES