lunes, abril 29, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta licita por 14,5 millóns un contrato para a cuarta vacina

A Xunta licita por 14,5 millóns un contrato para a cuarta vacina

Ainda non sabemos se haberá unha cuarta vacina contra a COVID-19 pero a Xunta actúa con previsión e licita un contrato de 14,5 millóns de euros para os preparativos de esa nova remesa da vacina contra o coronavirus. O Goberno galego non sabe aínda se, de chegar a porse, sería en vacinómetros ou en centros de saúde.

 Rueda anunciou hoxe tras o consello da xunta que o Goberno galego quere ser previsor e licita por 14,5 millóns de euros un contrato para o dispositivo de vacinación en Galicia contra a COVID-19, un novo dispositivo para a que sería a cuarta dose sen saber aínda con seguridade se será necesario pola despois do verán.

Rueda quere estar preparado para «calquera escenario que poida chegar respecto da pandemia».

Este paso da Xunta non quere dicir que o Goberno galego teña coñecemento de que esta nova dose de reforzo se vaia producir pero quere Rueda  estar «preparados e precavidos».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES