martes, abril 23, 2024
InicioComarcasO CondadoAs naves de Aceros del Tea converterase nun espazo para a música,...

As naves de Aceros del Tea converterase nun espazo para a música, teatro e cine

O proxecto contará cun investimento de máis de 51.000 euros cofinanciados por fondos FEDER a través do programa EDUSI Ponteareas, Hábitat Saudable.

Grazas á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o concello de Ponteareas disporá das instalacións de Aceros del Tea, consistentes nunha torre de oficinas e unha nave cunha superficie duns 1.500 metros cadrados xunto cunha gran balsa de decantación situada entre as naves e a Estación de Autobses. Tamén do actual aparcadoiro.

Os ámbitos de actuación previstos son catro en total. Por unha banda crearase unha extensa praza diáfana e cuberta baixo as tres naves destinada a todo tipo de eventos sociais e artísticos, concertos, feiras ou festivais e que, en ausencia de programación, funcionará coma unha praza pública cuberta. En segundo lugar, a balsa de decantación situada entre as naves e a Estación de Autobuses converterase nun teatro ao aire libre con bancadas. Por outra banda, unha das naves e a torre das antigas oficinas acollerán espazos pechados, illados termicamente e insonorizados destinados a aulas, obradoiros, conferencias ou clases maxistrais. Por último, a intervención tamén abordará o espazo exterior na Avenida de Galicia e a rúa Carballos, xerando novas zonas peonís, axardinadas e de estancia que darán visibilidade ao conxunto das instalacións e facilitarán o acceso das persoas.

Así, Aceros del Tea será un sitio de referencia para acoller eventos artísticos con grande aforo ate espazos para a actividade musical ou locais para a organización de conferencias, clases maxistrais e obradoiros de diferentes disciplinas artísticas como a música, o teatro, a danza ou o cinema, segundo informa o goberno local de Ponteareas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES