viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaEvacúan a unha persoa por inhalación de fume nun incendio no Porriño

Evacúan a unha persoa por inhalación de fume nun incendio no Porriño

O incendio tivo lugar na habitación dunha vivenda.

Catro persoas foron atendidas polos servizos sanitarios, unha delas evacuada en ambulancia, despois de producirse un incendio na habitación dunha vivenda, no Porriño. Ademais, segundo a información recibida no 112 Galicia, ardeu un cadro eléctrico e un colgadoiro con roupa e a vivenda quedou afectada polo fume.

O suceso tivo lugar preto das 05:15 horas desta madrugada, foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular que indicaba que ardía unha vivenda situada no lugar de  As Cales, na parroquia de Chenlo. A partir de aí, os xestores do  CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de  Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil e da Policía Local. Así mesmo, informaron os Bombeiros de Vigo e aos voluntarios de Protección Civil porriñés por fósese precisa a súa intervención.

Finalmente, nada máis finalizar a súa intervención, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que unha persoa foi evacuada ao centro hospitalario de referencia. Pola súa banda, os axentes de policía indicaron que, posiblemente, o foco do incendio produciuse nun radiador eléctrico.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES