jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoO PSOE de Ponteareas pide unha consulta cidadá que elixa a ubicación...

O PSOE de Ponteareas pide unha consulta cidadá que elixa a ubicación do novo centro de saúde

O mércores, 6 de xullo, o persoal técnico da Xunta de Galicia reúnese co do Concello de Ponteareas para avanzar na construcción do novo edificio sanitario na vila do Tea.

«Unha infraestructura tan importante para os veciños e para as veciñas debe contar co seu parecer». Así considera o secretario xeral do PSOE de Ponteareas, Delfín Domínguez, como se debe escoller a ubicación do novo centro de saúde que o SERGAS construirá en Ponteareas. Desta forma, os socialistas e as socialistas pedirán á concellería de Participación Cidadá, que dirixe o seu socio de goberno, o nacionalista Roberto Mera, que inicie unha «enquisa rigorosa» para que a veciñanza «poida manifestar onde quererían que se ubicase o novo centro de saúde», segundo insite Domínguez.

Con todo, o Partido Socialista recalca «as vantaxes desta parcela que é gratuíta para as arcas muncipais fronte a calquera outra que terá que ser sometida a un proceso de expropiación» amáis dos beneficios, din os socialistas, «que traería para os veciños e as veciñas no só de Ponteareas senón de toda a comarca, que fan uso do centro de saúde». Apuntan que Aceiros do Tea atópase ao carón da Estación de Autobuses o que «permitiría unha mobilidade sostible así como a súa proximidade aos edificios administrativos de Facenda, Xulgados ou o propio Concello» o que «facilitaría o servizo que se presta aos cidadáns», entre outras vantaxes.

Con respecto a unha das características de Sanidade, sobre que a nova infraestructura sanitaria terá que estar nunha vía principal para facilitar a circulación aos vehículos da base do 061 , apunta os socialistas a que «a proximidade á Nacional 120 sería adecuada para a entrada e saída de ambulancias».Insiste Domínguez en que «é curioso» que a Consellería  teña interese en investir en Ponteareas e «nós aínda esteamos a dubidar». Fala de certo «oscurantismo» e o PSOE lle trasladará ao seu socio de goberno a petición.

Escoita aquí a entrevista co secretario xeral, Delfín Domínguez:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES