viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra triunfa coa primeira andaina pola senda do Miño

Salvaterra triunfa coa primeira andaina pola senda do Miño

A administración local califica de «éxito absoluto» a 1º andaina pola senda do Miño e os viñedos do Condado organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co Clube de Montañismo Airiños.

O pasado domingo celebrouse a 1ª andaina organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co clube de Montañismo Airiños. Consistiu nunha marcha circular con saida e meta na  Praza do Concello e cuxo último tramo da etapa realizouse no tren turístico, «para facer as ledicias dos participantes», segundo apunta a administración local. 

En total, percorréronse preto de 12 km. Dende o Parque da Canuda, río abaixo polas sendas do Miño, adentrándose en terras de viñedos do Condado ata a senda do Río Caselas, molinos, Pontes e vexetación ata o final da ruta na Ponte da Pereira.

No tramo de volta, o tren turístico amosaba de xeito diferente algunas zonas do interior e dalgunhas parroquias con particularidades interesantes, que os guías ían amosando e explicando aos participantes.

Dende o Concello «transmitimos os nosos parabéns a todos e todas os participantes, dado o éxito rotundo da actividade, con todas as prazas cubertas e unha longa lista de reserva». Ademais, «en breves sairá outra experiencia cunha nova ruta, sempre da man por suposto do Clube Airiños, a quen o Concello achega a súa gratitude pola súa grande colaboración e profesionalidade, pondo en valor todo o noso patrimonio paisaxístico e agardando novos proxectos para satisfacer a todos os veciños e veciñas aventureiros».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES