jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaAbre o prazo de inscrición para o curso de monitor de ocio...

Abre o prazo de inscrición para o curso de monitor de ocio e tempo libre en Mos

Impartirase os sábados e domingos do 23 de abril ao 26 de xuño. 

Mañá abre o prazo de inscrición no curso de MONITOR/A DE OCIO E TEMPO LIBRE incluído no programa municipal “Fórmate con Mos”.

O obxectivo xeral desta acción formativa é capacitar ó alumnado coa formación suficiente para desenrolar actividades de lecer e tempo libre tanto culturais como deportivas ou ao aire libre, en entorno urbano ou na natureza.

Os obxectivos específicos son formar unha personalidade que sexa capaz de transmitir motivación para adquirir hábitos, coñecementos e técnicas para desenrolar labores con nenos/as e xoves no mundo do tempo libre. Promover o traballo en equipo en tódalas actuacións educativas que se van realizando. Traballar ata un modelo de sociedade e de persoa no que predominen uns determinados valores: solidariedade, tolerancia, independencia, cooperación… Aprender os diferentes métodos de traballo que se utilizan cos/as nenos/as. Coñecer as propias funcións dos profesionais e recoñecer a influencia das propias actividades de ocio e tempo libre no ámbito educativo. E asimilar todas as tarefas aprendidas ó longo do curso de temas tan diferenciados como a educación ambiental, a Psico-socioloxía, a animación e a expresión creativa, ademais da educación para a saúde.

O curso conta con parte teórica e práctica. A teórica ten 200 horas de duración e a práctica 150 horas.

Poden participar todas as persoas maiores de 18 anos sexan ou non do Concello de Mos. Para facer o curso é preciso ter o graduado escolar o a certificación de cursar a Educación Secundaria Obrigatoria.

O curso impartirase na Axencia de Colocación do Concello de Mos e dará comezo o día 23 de abril e rematará o 26 de xuño do 2022.  A formación será combinada (presencial  105 horas e online 95 horas). Sábados de 9 a 14 h e 16 a 21 h, formación presencial. Domingos de 9 a 14 h  e 16 a 21h formación online (agás o 26 de xuño que haberá sesión presencial).

O prezo xeral de matrícula é de 250 euros. E 200 euros para estudantes, desempregados ou con Carné Xove.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES