viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoO documental sobre a tradición cesteira en Mondariz opta a un premio...

O documental sobre a tradición cesteira en Mondariz opta a un premio internacional

É un dos tres traballos audiovisuais seleccionados para competir polos premios a Mellor Filme e Mellor filme Galego na 17º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.

Despois de ser estreado o pasado verán en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz e peregrinar por diferentes localidades do Camiño de Santiago nas catro provincias galegas, o documental «Notas sobre os cesteiros de Mondariz» chega aos festivais de cinema. Recentemente foi seleccionado para participar na sección oficial da 17ª Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 29 de marzo ao 2 de abril de 2022 en Santiago de Compostela. Nesta importante cita para o cinema documental será un dos tres filmes galegos que competirán polos premios a Mellor Filme e Mellor Filme Galego.
 
Notas sobre os cesteiros de Mondariz proxectarase o día 1 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Será unha proxección aberta ao público na que previsiblemente estarán presentes persoas relacionadas coa produción e a realización, como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, o productor executivo, Santiago Pérez, e o director do filme, Fon Cortizo; así como as propias protagonistas do filme, que encarnan a recuperación e a innovación da tradición cesteira, como Enrique Táboas e Idoia Cuesta.
 
 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES