Levarán a proposta ao próximo pleno do mes de abril.
O grupo líder da oposición en Mondariz-Balneario, o Bloque Nacionalista Galego, levará ao próximo pleno municipal unha moción para solicitar o Ben de Interese Cultural. “Unha proposta que xa rexeitaron hai dous anos”, explica o voceiro nacionalista César Gil, pero que considera importante para o patrimonio da localidade porque “abre unha liña de axudas para rehabilitalo”.
Amáis, pon en valor Gil que no anterior pleno saira adiante a proposta de solicitar á Xunta de Galicia a declaración do ARI, que permitirá aos veciños e as veciñas reconstruir as súas casas “con ata un 70% de axudas segundo as rendas”.

