jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasO CondadoO SAF de Ponteareas maniféstanse diante do Concello para pedir melloras laborais

O SAF de Ponteareas maniféstanse diante do Concello para pedir melloras laborais

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar concéntranse hoxe ás 14:00 horas diante do Concello «en protesta polas condicións laborais de total precariedade que padecen», segundo fai saber nun comunicado o sindicato CIG.

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que presta servizo en Ponteareas se mobilizan para reclamar que a empresa que ten nas súas mans o servizo cumpra co convenio e deixe de realizar «incumprimentos moi graves que as manteñen nunha situación de total precariedade», tal e como explicou para Si Radio a representante do sindicato Mercedes Domínguez.

Domínguez apunta a que la Concellería de Benestar Social coñece a situación e que intermediou entre as traballadoras e a empresa para intentar solucionar a problemática, pero «recibiron unha resposta negativa». Neste senso, no caso de que continúen sen chegar a un acordo, Mercedes Domínguez avanza que «pediremos á concellería que no continúen con esta empresa».

Escoita aquí a entrevista completa con Mercedes Domínguez:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES