sábado, junio 15, 2024
InicioNewsO PaísAxudas de ata 10.800 euros para os mozos que compren casa en...

Axudas de ata 10.800 euros para os mozos que compren casa en concellos pequenos

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou tamén en Salceda que subvencionará o custo mensual do alugueiro no caso daqueles que opten polo arrendamento de vivenda en municipios de menos de 10.000 habitantes

Os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos
José Miñones desprazouse ata o Concello de Salceda de Caselas, onde se reuniu coa alcaldesa do municipio, Verónica Tourón. No encontro, ao que asistiu a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, o delegado puxo en valor este programa que facilitará que a mocidade opte polas vilas e os pequenos municipios á hora de iniciar un proxecto de vida.
“Estamos a traballar para que a vivenda sexa de verdade un dereito e se converta no quinto piar do Estado do Benestar. Este ano será clave para garantir ese obxectivo”, subliñou o delegado. José Miñones destacou gran o impacto desta medida en Galicia, “onde 257 concellos, o 82% do total, entran dentro desta categoría de poboación”. No caso da provincia de Pontevedra son máis do 60% dos municipios.
José Miñones lembrou que o reto demográfico é una política transversal do Goberno de España, que se reflicte naqueles programas e medidas que teñen impacto sobre a poboación e o territorio como a vivenda, os servizos públicos e o impulso da actividade empresarial. “Traballamos convencidos de que conseguiremos reverter a perda de poboación destes territorios, camiñando cara a cohesión territorial e social en España e en Galicia”, indicou.

Axudas para compra e aluguer
O Programa de axuda ás persoas mozas para contribuír ao reto demográfico é un dos trece programas que forman parte do novo Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025. O obxectivo deste programa é atraer poboación moza aos concellos máis pequenos, facilitando o asentamento de poboación nestes ámbitos.
Para isto contémplanse dúas axudas, unha á compra de vivenda, de ata 10.800 euros ou ata o 20% do total de prezo da vivenda, que non deberá ser superior a 120.000 euros; e outra ao alugueiro por cinco anos, será mensual que cubrirá ata o 60% da renda ata un máximo de 360 euros e será compatible co bono de alugueiro xove de forma que pode cubrir ata o 75% do custe do alugueiro; ademais prevense bonificacións do 100% do alugueiro para aliviar a situación de fogares en situación de vulnerabilidade, incluídas vítimas de violencia de xénero, persoas sen fogar ou familias que sufriran unha gran perda de ingresos sobrevida.

Convocatoria autonómica
José Miñones apuntou que estas axudas teñen vixencia dende o 1 de xaneiro polo que, no momento en que se convoquen as ordes correspondentes, beneficiarán os contratos asinados xa dende comezos deste ano.
O delegado lembrou que as axudas á compra ou aluguer de vivenda fináncianse con fondos do Plan de Recuperación do Goberno e deben ser canalizadas e convocadas pola Xunta. “Estes programas xa están aprobados e dispoñemos de fondos para materializalos. Esperamos agora que a Xunta convoque canto antes as axudas para que as mozas e mozos galegos poidan recibilas e concellos como Salceda de Caselas se noten os efectos á hora de fixar poboación”, manifestou. Nese sentido, o delegado do Goberno pediu á Xunta “unha xestión eficiente de xeito que non se perda nin un só euro na recuperación de Galicia”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES