Os veciños e as veciñas poden pasar polo Concello para recoller o mecanismo e a dose do líguido atraínte.
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velultina e é que a adminsitración local explica que “atopámonos no momento de empezar co trampeo das raíñas xa que, con un simple xesto, o de colocar unha trampa, podemos facer moito” e “por este motivo o concello lanza unha campaña de concienciación e repartirá trampas e doses de líquido atraínte”. Inciden en que “é moi importante que todos actuemos para intentar frear a proliferación da vespa velutina que afecta dun xeito moi severo a biodiversidade”. Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido.

